O Concello asina o contrato das tarefas de mellora de saneamento nas rúas Sargadelos, Recatelo, Fontiñas e Ferreiriño

Os traballos contan cun orzamento duns 56.000 euros e un prazo de execución de 6 semanas

Martes, 23 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello asinou o contrato das tarefas de mellora de saneamento en catro puntos da cidade, adxudicado a Construcciones Sanle S.L., cun orzamento duns 56.000 euros e un prazo de execución de 6 semanas.

Trátase, concretamente, de traballos nas rúas Sargadelos, entre os números 51 e 83, na rúa Recatelo, no número 21, á altura da rúa Ribadeo; en Fontiñas (entre os números 164 e 180) e na rúa Ferreiriño, na intersección coa Avenida da Coruña.

Con este contrato, a entidade local persigue reformar o servizo de saneamento onde se vén detectando dende hai tempo problemas na rede, que dan lugar a inundacións recorrentes. Así mesmo, grazas a esta intervención de mellora, o Concello garante as boas condicións dun servizo público como é o saneamento, e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza destas vías.

Audio

  • O edil Manuel Núñez, sobre o contrato das tarefas de mellora de saneamento | Descargar mp3

Noticias relacionadas