O Concello de Lugo acolle o luns a entrega do XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa

Venres, 13 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro luns, 16 de xuño, entregarase na Casa do Concello o  XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa. Nesta edición, organizada polo Concello de Lugo, resultou gañadora Inma López Silva pola súa novela Memoria de Cidades sen Luz

Recordemos que este premio está patrocinado por 75 concellos galegos e que está considerado como o máis importante da narrativa en lingua galega cun importe que supera os 12.000 euros.

O xurado que decidiu o pasado mes de abril a novela gañadora, de entre as 27 obras presentadas ao concurso, estivo composto por tres escritores: Rábade Paredes (o gañador da anterior edición do Blanco Amor), Marica Campo e Isidro Novo, e dous dos máis importantes e acreditados críticos literarios en lingua galega: Dolores Vilavedra e Ramón Nicolás

Noticias relacionadas