O Concello de Lugo agradece a colaboración económica de 110 establecementos para o Arde Lucus 2014

Xoves, 29 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa que lle comunicaron  que 110 establecementos do Casco Histórico de Lugo recadaron 3.460 euros para as festas do Arde Lucus.

Estes fondos destinaranse a tres actuacións que se levarán a cabo durante o Arde Lucus 2014, concretamente sufragarán as actuacións de El Fauno, da Fundación Anade e de Sons da Suévia.
O Concello de Lugo agradece a colaboración destes establecementos, así como a de todas as entidades que patrocinan estas festas declaradas de Interese Turístico Galego.
Nos próximos días repartiranse distintivos a todos os locais que colaboraron e facilitaráselles unha versión dixital, para que poidan incluíla nas súas webs e redes sociais. Tamén se publicará a relación de establecementos colaboradores na web oficial do Arde Lucus www.ardelucus.com .

Noticias relacionadas