O Concello de Lugo asina o contrato do Servizo de Axuda no Fogar por un ano por 3,6 millóns de euros

Durante o ano 2018, este servizo atendeu a un total de 680 usuarios, o 87% persoas maiores e o 77% con problemas para desplazarse.

Os e as coidadoras percorreron 339.278 quilómetros no ano no seus desplazamentos.

Martes, 02 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo asinou o contrato para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) coa empresa Sacyr Social por un importe de 3,6 millóns de euros coa duración dun ano, aínda que pode ser prorrogable de xeito anual sen exceder os cinco anos. Sacyr foi a adxudicataria do contrato por ter presentado a mellor oferta calidade-prezo.

As melloras que se incorporarán neste ano suporá un aumento en 3.000 servizos na atención de fisioterapia a domicilio, en 3.000 na atención de podoloxía a domicilio, 100 horas máis de acompañamento e 1.200 horas máis en limpezas xerais e extraordinarias nos domicilios.

Ademais, a súa oferta incluíu máis axudas técnicas para os servizos como 15 unidades de grúas de mobilización persoal e 15 unidades de camas articuladas.

O SAF ten por obxecto prestar atención ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo

Así, entre as súas funcións está o permitir a mellora a calidade de vida das persoas usuarias, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social e previr situacións de dependencia ou exclusión social.

Durante o ano 2018, atendéronse 680 persoas, das cales 296 son de petición directa y 384 por dependencia. O 87% dos usuarios foron persoas maiores e máis do 77% desprázanse con dificultade ou non se desprazan.

Os quilómetros ano percorridos polo persoal deste servizo ascende a 339.278,

 

Audio

  • O audio sobre o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) | Descargar mp3

Noticias relacionadas