O Concello de Lugo avanza con Urbanismo da Xunta na consecución da aprobación do PXOM

Martes, 19 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Esta reunión serviu para avanzar nalgúns dos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta e nos que xa traballa o Goberno Local. Así, María Novo fai unha valoración “satisfactoria dunha reunión que permite avanzar na consecución da aprobación do PXOM”.

Ambas as partes acordaron reunirse de novo para tratar de xeito particular o caso do Carme, logo de que a Xunta pedira un plan específico para a zona.

Así, na reunión de hoxe, de carácter técnico, xa quedaron aclarados numerosos puntos que recolle o informe emitido pola Xunta en relación co Plan.

Noticias relacionadas