O Concello de Lugo inaugura a exposición Terra de Soños, que recompila 40 fotografías de Cristina García Rodero

A exposición está organizada pola fundación La Caixa, e conta coa colaboración da área de Cultura.

A exposición pode visitarse no fondo da Praza Maior ata o 24 de novembro.

Trata sobre a vida das persoas de Anantapur, unha das zonas máis pobres da India, na que viven as comunidades máis marxinais do país.

Martes, 25 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo inaugura a exposición Terra de Soños, que recompila 40 fotografías de Cristina García Rodero

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e o tenente de alcaldesa Miguel Fernández inauguraron a exposición Terra de Soños, organizada pola fundación La Caixa en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo.

O acto contou tamén coa presenza do tenente alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto con representantes do Goberno Municipal, ademais de asistir a directora da área de Negocio de Caixabank en Lugo, Elena Rodríguez, a delegada da fundación La Caixa, Susan Santos e a comisaria e fotógrafa da mostra, Cristina García Rodero.

Esta exposición mostra, a través de 40 fotografías, a vida cotiá das e dos habitantes de Anantapur, no estado de Andhra Pradesh, unha das zonas máis pobres da India, na que residen as comunidades máis marxinais e vulnerábeis do país.

A mostra fotográfica presenta a estratexia de traballo da Fundación Vicente Ferrer para mellorar a calidade de vida das persoas vulnerábeis, afondando a través do ollo de Cristina García Rodero no máis sensíbel e máxico do mundo feminino e na forza e capacidade de superación das mulleres de Anantapur.

A exposición poderá visitarse no fondo da Praza Maior ata o vindeiro 24 de novembro.

Noticias relacionadas