O Concello de Lugo insta á Xunta a limpar a Muralla e cumprir as súas obrigas en prol da conservación deste Ben Mundial

Miguel Fernández afea o estado no que se atopa o adarve, xusto cando se relaxan as restricións sanitarias e se agarda a chegada do turismo, tan necesario para a recuperación económica da cidade.

O portavoz municipal lembrou que “as competencias pertencen ao Goberno galego, por iso, reclamámoslle que actúe o máis axiña posible para emendar esta imaxe de abandono que está a ocasionar numerosas queixas da veciñanza”.

Martes, 22 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo insta á Xunta a limpar a Muralla e cumprir as súas obrigas en prol da conservación deste Ben Mundial

O Concello de Lugo insta á Xunta de Galicia a limpar a Muralla e cumprir, así, coa súa obriga de mantemento deste Ben Mundial. Deste xeito o trasladou o tenente de alcaldesa e portavoz do Goberno municipal, Miguel Fernández, solicitando ao executivo autonómico que acometa a realización dos traballos ordinarios de conservación da Muralla.

Neste senso, o tamén concelleiro de Medio Ambiente, lembrou que a Consellería de Cultura e Turismo ostenta as competencias de tutela e protección sobre o monumento bimilenario “que, nestes momentos, presenta un estado moi deficitario con relación ao seu aseo, especialmente no adarve, que se atopa cuberto de herba e dunha cantidade inxente de maleza”.

Fernández deu conta de que “o desleixo é absoluto, como así o constatan as numerosísimas queixas cidadáns que recibimos ao respecto, manifestando a preocupación polo extremo ao que se chegou en moitos dos cubos onde toda, ou a maior parte da superficie peonil, está cuberta de herba e sucidade, dificultando a mobilidade, o que resulta indigno para un Ben coma este”.

“Dende a institución local pedímoslle, por tanto,que inicie canto antes, a retirada de toda esta vexetación da Muralla, para evitar o seu deterioro contribuíndo, asemade, á mellora da súa imaxe que, estamos seguros, redundará igualmente na percepción do conxunto da cidade”, abondou Miguel Fernández ao tempo que afeou o deixamento da Xunta xusto nun momento tan importante coma este, “cando comezan a diminuír as restricións sanitarias e agardamos a chegada do turismo, tan necesario para a recuperación económica da cidade”.

O responsable de Medio Ambiente apelou ao ente galego a asumir tamén o mantemento das zonas axardinadas sitas ao pé da construción romana, “que dende hai moito tempo e, en prol do interese xeral e da conservación do conxunto da cidade realizamos dende o Concello, sen que sexa unha competencia municipal”, engadiu Fernández.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre a limpeza da Muralla | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello de Lugo insta á Xunta a limpar a Muralla e cumprir as súas obrigas en prol da conservación deste Ben Mundial

Noticias relacionadas