O Concello encarga a Evislusa a adaptación do PXOM á normativa para mellorar a eficiencia enerxética dos edificios

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe unha encomenda de xestión a Evislusa dunha modificación puntual do PXOM para cumprir co mandato da Lei de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovacións urbanas

Mércores, 06 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Luis Ávarez

Con esta modificación trátase de acomodar o PXOM as previsións lexislativas para favorecer a eficiencia enerxética das edificacións de maneira que se autoriza o aumento na volumetría dos edificios para asegurar a incorporación de medidas de aillamento que melloren a eficiencia enerxética dos mesmos.

A Xunta de Goberno Local autorizou esta encomenda de xestión a Evislusa que dispón dun prazo máximo de 6 meses e non ten asociado importe económico para a redacción do proxecto técnico correspondente.

Ademais, o Equipo de Goberno aprobou a apertura do procedemento de adxudicación, cun presuposto máximo de 44.446 euros, do proxecto de migración do sistema de escritorios virtuais para os usuarios, que permita dispoñer dunha infraestrura flexible en canto ó crecemento e que facilite, coas debidas garantías de seguridade e confidencialidade, o acceso remoto ó escritorio de cada usuario, mesmo dende dispositivos móbiles. A subministración dos equipos realizarase no prazo máximo de trinta xornadas laborais.

A Xunta de Goberno tamén aprobou a revisión de prezos do contrato do servizo de retirada de vehículos da vía pública e o seu traslado ó depósito consistente na actualización dacordo co IPC, o que supón unha rebaixa do 0,4%.

Outro acordo adoptado hoxe foi a aprobación das bases para o concurso de provisión dos postos de auxiliar administrativo, auxiliar informativo de información e atención ós cidadáns e auxiliar administrativo estatística, entre empregados/as do Cocnello de Lugo con praza en propiedade.

Noticias relacionadas