O Concello mantén unha semana máis, ata o 3 de febreiro, no Vello Cárcere, a mostra sobre Boix, o fotógrafo de Mauthausen

Faino debido á demanda de visitantes que espertou esta exposición, que serve de homenaxe e de memoria, neste caso tanto para repasar a vida de Boix, que axudou a condear a barbarie nazi; como para rescatar a historia dos galegos que acabaron en campos de concentración ou exterminio nazis

Así mesmo, este venres, 25 de xaneiro, e os vindeiros martes e xoves, 29 e 31 de xaneiro, ás 19:00 horas, haberá visitas guiadas pola mostra, a cargo da historiadora Paz Fernández

Venres, 25 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello mantén unha semana máis, ata o 3 de febreiro, no Vello Cárcere, a mostra sobre Francesc Boix, preso de Mauthausen e fotográfo que axudou a documentar coas súas fotografías o horror sufrido nos campos nazis.

Faino debido á demanda de visitantes que espertou esta exposición, que serve de homenaxe e de memoria, neste caso tanto para repasar a vida de Boix, que axudou a condear a barbarie nazi, como para rescatar a historia dos galegos que acabaron en campos de concentración ou exterminio nazis; e tamén dos españois, pois Mauthausen foi un dos espazos nos que estiveron a maior cantidade de prisioneiros de España. Concretamente, dos que hai constancia documental, de Mauthausen e os subcampos que dependenía del, foron deportados 7.532 prisioneiros, dos que morreron 4.816.

Así mesmo, este venres, 25 de xaneiro, e os vindeiros martes e xoves, 29 e 31 de xaneiro, ás 19:00 horas, haberá visitas guiadas pola mostra, a cargo da historiadora Paz Fernández.

Esta exposición, coa que colabora a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica, está acompañada do vídeo documental Boix, fotógrafo del infierno, dirixido por Llorenc Adoitar, producido por Oriol Porta e no que tamén participa o investigador Benito Bermejo. Este documental realizouse no ano 2000 e reúne os testemuños de moitos compañeiros de Boix. É un percorrido sobre os estragos nos campos de concentración nazi documentada coas fotografías que  Boix conseguiu rescatar. Tamén inclúe o testemuño de  Boix nos xuízos de Nüremberg sobre o réxime nazi. Conta con varias distincións, entre elas o Premio do Festival de Cinema histórico de Pessac, Francia; e foi candidato aos Premios  Emmy internacionais 2000.

A exposición poderase  poderase visitar todos os días da semana só en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e tamén en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Noticias relacionadas