O Concello presenta as bases do IV Concurso de Carteis de Entroido 2010

Luns, 04 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura e Turismo, dirixida por Concepción Burgo, presenta o IV Concurso de Carteis Entroido 2010, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entroido 2010, 12-17 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que o logo da cidade figure no cartel.

A Concelleira explicou que “dado que este ano esta dedicado á Muralla Romana como Patrimonio Mundial o cartel deberá potenciar a súa imaxe de maneira explícita”.

O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

O Concello repite este concurso de carteis creado no 2007 coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.

O prazo de presentación de carteis rematará o 21 de xaneiro, ás 14:30 horas. Todos os participantes entregarán a súa obra na Concellería de Cultura e Turismo, na planta baixa da Casa Consistorial. As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello.

Multimedia

Noticias relacionadas