O Concello reconstruirá distintas tapas de rexistro e zanxas para garantir a seguridade viaria

Trátase dunha pequena acción cotiá que volve a poñer aos veciños e veciñas no centro da xestión municipal. As tarefas, que arrincarán esta mesma semana, terán lugar na Avenida Paulo Fabio Máximo, na rúa do Conde, Rof Codina e na Avenida de Magoi

Mércores, 20 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo acometerá a reconstrucción de distintas tapas de rexistro e zanxas fundidas en diversos puntos da cidade, co obxecto de eliminar o risco que supón o mal estado destas para a circulación e garantir así a seguridade viaria. Trátase dunha pequena acción cotiá que volve a poñer aos veciños e veciñas no centro da xestión municipal.

Así o deu a coñecer o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen explicou que as tarefas de mantemento e conservación,  que arrincarán esta mesma semana, terán lugar na Avenida Paulo Fabio Máximo, na rúa do Conce, Rof Codina e na Avenida de Magoi. Concretamente, reconstruiranse 3 marcos de tapas de rexistro no carril dereito da primeira das avenidas, dúas en sentido ascendente e unha no descendente. Na segunda vía reconstruiranse 2 marcos no carril dereito en sentido ascendentes, á altura dos colectores, e na terceira, un marco dunha tapa de rexistro, á altura de Alalás. Por último, repoñerase a zanza na Avenida de Magoi, no sentido de circulacaión dende Estrada da Granxa ata Alfonso X.

Noticias relacionadas