O Concello renova a iluminación do Mercado Municipal con tecnoloxía LED, que permitiá unha mellora da eficiencia enerxética

Trátase do cambio de 14 luminarias, nas que o Goberno inviste 1.600€, e do que se fai cargo os Servizos Electromecánicos da entidade local. A renovación enmárcanse no compromiso do Goberno coa sostibilidade en cada un dos traballos que acomete

Estas actuacións de renovación súmanse as xa acometidas hai uns días na Praza de Abastos, tamén coa renovación de 14 luminarias na parte central destas instalacións municipais cunha inversión de 2.100 euros

Venres, 22 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello renova a iluminación do Mercado Municipal con tecnoloxía LED, que permitiá unha mellora da eficiencia enerxética

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, supervisou as tarefas de renovación da iluminación do Mercado Municipal, que está acometendo nos últimos días o Concello. Trátase do cambio de 14 luminarias, nas que o Goberno inviste 1.600 euros, e do que se fai cargo os Servizos Electromecánicos da entidade local.

Rosana Rielo amosouse satisfeita por estas actuacións, "xa que contribúen á mellora e modernización do noso mercado e da nosa praza de abastos, ao mesmo tempo que conseguiremos unha maior eficiencia enerxética". Isto é debido a que se cambian as luces existentes, haloxenuros metálicos, por unhas novas con tecnoloxía LED, que tamén aportan máis luminosidade.

Estas actuacións de renovación súmanse as xa acometidas hai uns días na Praza de Abastos, tamén coa renovación de 14 luminarias na parte central destas instalacións municipais, cunha inversión de 2.100 euros. Ambas as dúas tarefas enmárcanse dentro do compromiso do Goberno coa sostibilidade en cada un dos traballos que acomete, co obxecto de facer de Lugo unha cidade eficiente enerxeticamente falando, coas ventaxas medioambientais e económicas que iso conleva.

Audio

  • Rosana Rielo, sobre a iluminación do Mercado Municipal | Descargar mp3

Noticias relacionadas