O Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo chega ó seu fin

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, chega ó seu fin nos establecementos hostaleiros da cidade. Esta fin de semana será a última ocasión para que os que sigan a Ruta do tapeo de Lugo, podan probar a variada oferta de recetas propostas por os 35 restauradores lucenses participantes.

Os hostaleriros lucenses puxeron toda a súa imaxinación para ser galardoado con algún dos catro premios otorgados polo xurado ou dos dous concedidos polo público.

O público ten a oportunidade de votar a súa tapa favorita a través de www.lugo.es ou nas urnas depositadas nos establecementos para que reciba o premio á mellor tapa San Froilán tradicional ou creativa.

O xoves 28 de setembro e o venres 29 o xurado de expertos elixirá os 8 finalistas que pasarán á final que terá lugar o 1 de outubro, día no que seleccionarán ós catro gañadores.

Noticias relacionadas