O concurso en Tik Tok lanzado por Xuventude para fomentar o #nadalnacasa xa ten perfís premiados

Os gañadores foron @nee-smilee, @paquetitos_becaria e @avilarmk que recibirán vales de 20€ e 60 euros para gastar nos establecementos de restauración de Lugo

A campaña foi visualizada por case 2.000 persoas e elevou un 18% o número de seguidores actuais do perfil @xuventudelugo

Xoves, 14 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concurso en Tik Tok lanzado por Xuventude para fomentar o #nadalnacasa xa ten perfís premiados

O concurso na rede social Tik Tok, impulsado pola área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, xa ten perfís e/ou contas gañadoras.

O certame, co que se pretendía fomentar entre a mocidade un ocio alternativo e posibilitar a diversión potenciando ademais o concepto dun #nadalnacasa, permitía a participación individual ou conxunta, cun máximo de 3 persoas na mesma formación.

A concelleira de Xuventude valoru como “óptimos” os resultados da campaña “xa que 1.992 persoas visualizaron os diferentes vídeos que se elaboraron. Unhas cifras de impacto directo que sinalan que todas elas son susceptibles de recibir a mensaxe e, cando menos, reflexionar sobre a responsabilidade persoal e colectiva que tiñamos, como sociedade, nestas semanas de Nadal”.

Os gañadores foron os perfís @nee-smilee (individual), @paquetitos_becaria (individual) e @avilarmk (colectivo) que recibirán como premio un vale de 20€ ou 60€ para gastar en calquera dos establecementos de restauración de Lugo no que non se incluirán bebidas alcohólicas.

Ana González Abelleira enxalzou igualmente a repercusión que tivo a iniciativa, na que 116 persoas usuarias desta rede social, interactuaron con ela premendo o botón de “me gusta” e que conlevou o incremento, nun 18%, do número de seguidores actuais do perfil @xuventudelugo.

Noticias relacionadas