O dispositivo de limpeza posto en marcha polo Concello na Carballeira retira 3,9 toneladas de lixo tras a celebración da festa

O operativo estivo formado por 16 operarios e 9 máquinas, que deixaron a contorna en perfecto estado a media mañá

Xoves, 22 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O dispositivo de limpeza posto en marcha polo Concello na Carballeira retira 3,9 toneladas de lixo tras a celebración da festa

O servizo de limpeza do Concello de Lugo recolleu este xoves, dende a madrugada a media mañá, 3.980 quilos de residuos na Carballeira e na súa contorna, tras a festa celebrada onte, unha cantidade que aumentou en 460 quilos con respecto á edición anterior.

O dispositivo especial posto en marcha pola entidade local para deixar en perfecto estado a Carballeira estivo formado por 16 operarios (4 condutores, un maquinista e 11 peóns equipados con sopradores) e 9 máquinas (un camión recolector, un camión satélite, dúas varredoras de calzada, unha varredora de beirarrúas, unha cisterna, unha hidrolimpadora, un equipo mixto e un camión de caixa aberta).

Pola súa banda, a Policía Local despregou un servizo integrado por tres Unidades Móbiles que permaneceron nas inmediacións da Carballeira durante a celebración da festa.

Multimedia

  • O dispositivo de limpeza posto en marcha polo Concello na Carballeira retira 3,9 toneladas de lixo tras a celebración da festa

Noticias relacionadas