O Executivo de Lara Méndez dinamiza a hostalería durante o Nadal con concertos gratuítos da Orquestra Terra Nova nos establecementos lucenses

A banda, integrada por mozos e mozas de Lugo, ofrecerá actuacións duns 30 minutos en 17 locais da cidade desde o vindeiro xoves 21 ata o próximo día 30 de decembro. 

Esta iniciativa, promovida pola área de Dinamización Económica en colaboración coa APHEL, súmase a outras xa postas en marcha en prol do comercio local como o mercado navideño situado na praza Maior.

“Desde o Goberno local queremos contribuír a que as prazas e rúas de Lugo conten durante estas festas cun ambiente que invite á participación cidadá para así incentivar o consumo e promover a socialización”, sinalou o concelleiro responsable.

Luns, 18 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez dinamiza a hostalería durante o Nadal con concertos gratuítos da Orquestra Terra Nova nos establecementos lucenses

O Concello de Lugo, a través da área de Dinamización Económica, que dirixe Mauricio Repetto, promove durante as dúas últimas semanas do ano concertos gratuítos da orquestra Terra Nova en establecementos de hostalaría da cidade. Deste xeito, a banda, integrada por mozos e mozas de Lugo, ofrecerá actuacións duns 30 minutos en 17 locais da cidade desde o vindeiro xoves 21 ata o día 30 de decembro. “ O obxectivo deste programa de actuacións é dinamizar os locais lucenses ofrecendo a súa clientela actuacións musicais durante a época navideña da man desta formación de recente creación integrada por mozos e mozas lucenses e dirixida polo prestixioso músico Nicolás Ravelli Barreiro”, sinalou Repetto.

Esta medida, promovida pola área de Dinamización Económica en colaboración coa APHEL, súmase a outras xa postas en marcha en prol do comercio local como o mercado navideño situado na praza Maior.  “Serán pequenos concertos de, aproximadamente, media hora ,que terán lugar polas tardes, a partir das 18.30 horas”, explicou o edil. “Desde o Goberno local queremos contribuír, dentros das nosas competencias, a que as prazas e rúas de Lugo conten durante estas festas cun ambiente que invite á participación cidadá para así incentivar o consumo e promover a socialización. Por iso ofrecemos a través da APHEL a todos os seus socios e socias poder participar neste proxecto”, informou o concelleiro responsable da área de Dinamización Económica.

Así mesmo, Repetto convidou a toda a veciñanza a acudir aos establecementos adscritos a esta iniciativa para gozar do ambiente e apreciar a calidade musical destas talentosas promesas musicais. Así, o próximo xoves, sempre en horario de tarde, o espectáculo comezará ás 18.30 horas no hotel Mercure, continuará na pizzería Bocalino e rematará na cafetería Argallo. Pola súa parte, a semana de fin de ano, os concertos rematarán o sábado día 30 coas actuacións no Eslava, no  Salpicón e o peche definitivo no Dotmas, no barrio da Milagrosa. 

PROGRAMA COMPLETO:

- Xoves, 21: Hotel Mercure; Bocalino; Argallo.

- Venres, 22: Santeiros;  Victoria.

- Sábado, 23: Hotel Mendez Núñez; Café San Marcos; Quimera.

- Xoves, 28: Barros; O Paseo; Karrusel.

- Venres, 29: Fiordilatte; La Esquina; La Capital.

- Sábado, 30: Eslava; Salpicón; Dotmas.

Audio

  • Mauricio Repetto, sobre a Orquestra Terra Nova | Descargar mp3
 

Multimedia

  • O Executivo de Lara Méndez dinamiza a hostalería durante o Nadal con concertos gratuítos da Orquestra Terra Nova nos establecementos lucenses
  • O Executivo de Lara Méndez dinamiza a hostalería durante o Nadal con concertos gratuítos da Orquestra Terra Nova nos establecementos lucenses

Noticias relacionadas