O Executivo de Lara Méndez incrementou en máis dun 120% o investimento medio por habitante durante o 2021

A Conta Xeral dese ano confirma tamén un aumento de case o 30% nos proxectos municipais para a creación de novas dotacións e infraestruturas, aos que se destinaron máis de 42 millóns de euros.

No pasado exercicio a Administración local abonou 5.657 facturas aos provedores municipais por importe de 57’5 millóns de € nun prazo medio de 6’92 días.

O Concello segue a manter, dende 2017, débeda cero e unha situación saneada como amosan os indicadores de solvencia a curto prazo (409’11%) e liquidez inmediata (171’73%).

 
Mércores, 26 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez incrementou en máis dun 120% o investimento medio por habitante durante o 2021

Executivo de Lara Méndez incrementou durante o ano pasado o investimento medio por habitante nun 121’44% con relación ao exercicio anterior (pasando 78’95€ a 174’83 €), tal e como reflicte a Conta Xeral.

Os principais datos do documento, que será a probado mañá en Pleno, dábaos a coñecer hoxe a tenenta de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.

responsable da área económica destacou, igualmente, que o Concello aumentou, alén, de 909’88 a 962’64 €, o gasto por persoa durante o pasado exercicio, garantindo non só a prestación dos servizos públicos xa existentes, senón tamén creando outros novos - como puido ser o programa Acompañámoste en apoio ás persoas maiores e á infancia máis vulnerable, e incidindo sobre a calidade dos mesmos.

Estas cifras non son máis que a tradución da transformación que está a experimentar a cidade. Unha humanización urbanística que se pode observar en obras como as peonalizacións da Calzada da Ponte, Recatelo ou Rafael de Vega; na mellora das infraestruturas xa existentes como a ampliación do paso soterrado da Nacional VI ou do acondicionamento dos barrios a través da renovación do asfaltado, das luminarias ou drexeneración de puntos de encontro como o de Paradai ou a futura praza do Eixo Atlántico e mesmo na creación de novos equipamentos como a pista de Skate Park, o circuíto de motocross de Teixeiro, as Caldas ou os centros interxeracionais Paco Martín e de convivencia de Lamas de Prado. Obras que supuxeron unha suba de case un 30% do capítulo co que se dá cobertura aos proxectos municipais que resultan obxectivo de actuación para o Goberno cada ano e coas que pretendemos mellorar a calidade de vida da veciñanza”, explicou a edil.

A este respecto, Alvarellos Fondo destacou que o balance contable da Institución certifica que a Administración local executou en 2021 máis do 80% do gasto comprometido ao efectivizar o pago de 91’2 millóns de euros dos 113’9 que se adxudicaron.

Un esforzo que se realizou pese a seguir afectadas as arcas municipais polas últimas ondas da pandemia que supuxeron unha merma dos ingresos derivada, entre outros factores, da diminución da actividade económica que contivo o investimento privado e que quixemos contrarrestar prolongando as bonificacións e exencións fiscais habilitadas en apoio ao tecido produtivo local”.

Así, a concelleira referiu que a continuidade que tiveron as restricións sanitarias no primeiro semestre do ano propiciou o descenso do número de usuarios de servizos como as escolas deportivas, a escola de música, as piscinas, etc. “Só por poñer un exemplo, a taxa recadada polos Centros de Día pasou de 146.000 € en 2019 a 55.000 € en 2021”, indicou.

Porén – subliñou a concelleira - o axuste coas previsións estimadas de ingresos superou o 85% (85’72%) alcanzando os 91 millóns de euros”.

Paula Alvarellos fixo fincapé, así mesmo, en que a situación do Concello, que mantén desde 2017 a débeda cero, segue a ser saneada tal e como demostran os indicadores de solvencia a curto prazo (409’11%) ou de liquidez inmediata (171’73%).

Unha circunstancia que se ratifica nos númerosos relativos ao pago a provedores, xa que en 2021 abonamos un total de 5.657 facturas por importe de 57’5 millóns de  nun prazo medio de 6’92 días (fronte aos 8’02 rexistrados en 2020) o que avala non só o bo facer dos servizos municipais na xestión diaria, senón tamén a eficacia e oportunidade das medidas de modernización da Administración de reorganización interna implantadas no mandato”, concluíu a concelleira de Gobernanza.

Audio

 

Noticias relacionadas