O Executivo de Paula Alvarellos licita o novo contrato de Axuda no fogar, no que investirá 33,9 millóns nos próximos 5 anos

O contrato incorpora novidades encamiñadas a garantir a calidade da atención prestada e as condicións dos traballadores e traballadoras. Ademais incorpora unha nova figura técnica que fará labores de coordinación e valoración das necesidades dos usuarios.

“A través desta ferramenta realízase un traballo de atención, coidado e acompañamento que ten un valor incalculable para as persoas maiores á vez que logramos favorecer e potenciar a súa autonomía persoal”, sinalou a edila de Benestar Social.

“Ante a falta de compromiso que o Goberno autonómico evidencia en materia social, apostamos por realizar esta enorme mobilización de recursos municipais para asegurar unha atención de calidade para este colectivo”, apuntou Olga López.

Xoves, 14 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos licita o novo contrato de Axuda no fogar, no que investirá 33,9 millóns nos próximos 5 anos

O Executivo de Paula Alvarellos licita o novo contrato de Axuda no fogar, no que ivertirá  case 34 millóns de euros nos próximos 5 anos. O novo contrato, cuxo orzamento base de licitación ascende a 11.755.936,30 euros, sae a contratación por un período de 2 anos coa posibilidade de prorogarlo ata un máximo de cinco. Ademais nas bases xa se contempla un posible incremento do 20% pola fluctuación dos prezos, o que supón que o valor máximo do contrato supoñerá un investimento de 33,911.354 millóns de euros. “O eixo sobre o que pivota toda a nosa xestión municipal son as persoas. Ningún lucense vai quedar atrás, a atención ás nosas  persoas maiores é e seguirá sendo unha prioridade para o noso Goberno”, sinalou a responsable de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde.

“Fronte a falta de compromiso que o Goberno autonómico evidencia nesta materia da súa competencia exclusiva, apostamos por realizar esta enorme mobilización de recursos municipais para garantir a atención adecuada a este colectivo. Debemos lembrar que na nosa cidade máis de 5.000 persoas maiores viven en soidade. A través do servizo de Axuda non Fogar realízase un traballo de atención, coidado e acompañamento que ten un valor incalculable para elas e para os demais usuarios e usuarias que ven un incremento notable na súa autonomía”, sinalou Olga López.

“Este contrato incorpora unha serie de novidades que redundarán nun mellor funcionamento do servizo e unha mellor atención ás persoas usurarias. Deste xeito, o Concello esixe ás empresas concursantes presentar un anexo que desagregación no prezo presentado por hora. Así, evitamos baixas temerarias, garantimos a correcta atención das persoas maiores e asegurámonos que os traballadores e traballadoras desempeñen o seu labor nunhas condicións dignas. Por outra parte, increméntase o persoal técnico xa que aspiramos a contar cun axudante de coordinación do SAF, o que sen dúbida repercutirá de forma positiva, xa non só no servizo prestado, senón á hora de valorar as necesidades das persoas usuarias”, apuntou a edila de Benestar Social.

Ademais, como novidade inclúese unha bolsa económica que cubra servizos de trasnsporte adaptado para realizar acompañamentos a xestións e consultas médicas. Entre as melloras que xa foron valoradas no actual contrato se mentiene todas, entre as que se inclúe un servizo de fisoterapia a domocilio, podoloxía en casa ou acompañamento na realización de xestións e consultas médicas. Así mesmo valorarase a achega de material especializado que, unha vez concluído o contrato, pasará a ser de titularidade municipal. Entre este material se encuntran gruas de mobilización persoal, camas articuladas e colchóns xeriátricos.

O SAF ten por obxecto prestar atención ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo. Así, entre as súas funcións está o permitir a mellora á calidade de vida das persoas usuarias, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social e previr situacións de dependencia ou exclusión social.

Noticias relacionadas