O Festival Cameralia remata este sábado cun concerto do Quartet Qvixote

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Festival Cameralia remata a súa programación en Lugo cun concerto do Quartet Qvixote que terá lugar, este sábado día 28 a partir das 21:30 horas na Igrexa de San Pedro. Este proxecto está financiado polo Concello de Lugo e a Consellería de Cultura e tamén conta coa colaboración do IGAEM na súa organización.

O grupo Qvixote Quartet ofrecerá un repertorio de Haydn, Mozart e Toldrá. Este conxunto está composto polos violinistas Daniel Cubero e María Sanz, que están acompañados á viola por Anna Aldomà e ao violoncelo por   Amat Santacana.

Estes músicos destacan por unha extensa traxectoria a pesar da súa xuventude e o seu talento está avalado polos importantes premios que recibiron como o Primer Palau do Palau da Música, o Papers de Música de Capellades ou o Premio Ciutat de Manresa, entre outros.  

Noticias relacionadas