O Goberno aproba obras na cidade por 370.000€ e a renovación do parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño por uns 59.000€

Trátase da pavimentación de viais en Castelo e da pavimentación e abastecemento en  Camiño de Barreiro e Sanfiz; dentro do Plan Único; e da reconstrucción do firme e da rede de pluviais de Salvador de Madariaga, ao abeiro do Plan de Barrios

No caso do parque, renovarase o solo, o peche perimetral e o módulo de xogos; actuacións enmarcadas tamén no Plan de Barrios

Estas licitacións publicaranse agora no Perfil do Contratante, tras o que se abrirá un prazo de 20 días naturais para que as empresas presenten as ofertas no que ás obras se refire, e 15 días para a zona de xogos infantís

Mércores, 14 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este mércores sacar a contratación distintas obras na cidade por uns 370.300 euros. Trátase, concretamente, da pavimentación de viais en Castelo (72.594,56€) e da pavimentación e abastecemento en  Camiño de  Barreiro e Sanfiz (103.636,74€). Ambas as dúas están enmarcadas dentro do Plan Único de Cooperación cos concellos, impulsado pola Deputación e no que participa o Concello, e teñen cada unha un prazo de execución de dous meses.

Na sesión desta mañá, tamén se deu luz verde á licitación das tarefas de reconstrucción do firme e da rede de pluviais da rúa Salvador de Madariaga, cun importe de 194.044,29 euros e un prazo de execución de 4 meses. Neste caso, o investimento é ao abeiro do Plan de Barrios do Goberno, ao igual que a licitación da renovación do parque infantil da rúa Poeta Aquilino Iglesias Alvariño, cun orzamento de 58.826 euros e un prazo de 45 días naturais para a subministración. Renovarase o solo da área de xogos infantís, o peche perimetral e o módulo de xogos, incluíndo un circuíto de habilidades con tobogán torres, un columpio vaivén nido, unha casiña de xogos, un balancín e 3 saltadores. Tamén se trasladarán os bancos.

Estas licitacións publicaranse agora no Perfil do Contratante, tras o que se abrirá un prazo de 20 días naturais para que as empresas presenten as ofertas no que ás obras se refire, e 15 días para a zona de xogos infantís.

Con estas tarefas, o equipo de Lara Méndez aposta unha vez máis polos barrios para facer cidade, e por garantirlle á veciñanza, ou ben disintos servizos que lle faciliten o seu día a día, ou ben acondicionar lugares de esparexemento na cidade, e converter todo, en zonas adaptadas ás demandas dos veciños e veciñas de Lugo, de cara a mellorar a súa calide de vida.

Audio

Noticias relacionadas