O goberno de Lara Méndez convida a coñecer a riqueza patrimonial e a arte do Camiño a través das Rutas Connexio

As rutas Connexio forman parte do programa Europe Direct da Comisión Europea, e o seu desenvolvemento foi posible grazas á colaboración da Diocese de Lugo e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.

As intervencións desenvolvéronse en seis igrexas: Santa María en Gondar; Capela do Carme; San Xóan Alto; San Vicente en Burgo; San Miguel en Bacurín; e San Pedro de Abaixo en Mera.

As rutas serán gratuíta se a inscrición será a través do mail: info@guiasdegalicia.org ou no teléfono 606 985 185. 

Venres, 04 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O goberno de Lara Méndez convida a coñecer a riqueza patrimonial e a arte do Camiño a través das Rutas Connexio

Esta fin de semana dan comezo as Rutas Connexio, unha actividade gratuíta que terá lugar tódolos sábados domingos e festivos nos meses de xuño, xullo e agosto, iniciativa incluída no programa Europe Direct da Comisión Europea organizada dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo en colaboración ca Diocese de Lugo e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia.

O goberno de Lara Méndez a través de Premios Connexio, puxoen valor o rural e os núcleos de poboación que o integran, dándolle a Lugo unha maior dimensión e proxección cara a Europa, aproveitando o transcurso do Camiño Primitivo polo municipio, considerada a primeira ruta de peregrinación xacobea, e moi atractiva para diferentes puntos do continente.

Este verán coñeceremos o Camiño Primitivo a través de dúas rutas recorrendo os diferentes espazos e intervencións feitas polos artistas elixidos nesta primeira convocatoria dos Premios Connexio. Por razóns de distancia, tempo e loxística, as Rutas Connexio tiveron que dividirse en dous percorridos de medio día cada unha, con dúas xornadas semanais.

O inicio da I Ruta Connexio será en San Martiño de Poutomillos para descubrir o medio natural que acolle o Camiño Primitivo, as súas xentes e as manifestacións artísticas, continuando por San Miguel de Bacurín e a intervención “Cumio” de Álvaro Negro, seguidamente coñeceremos a obra de Juan López “Ruído de Fondo” en San Vicente do Burgo, e  finalizaremos en San Xoan do Alto con “28,7 km” de Estelle  Jullian.

A II Ruta terá o punto de partida na capela do Carme onde os asistentes poderán admirar a obra de Carlos Rodríguez-Méndez quen sorprendeu co proxecto “Do fillo, a respiración” e finalizará con “O fulgor na espesura” de Jesús Otero en Santa María de Gondar.

As rutas programadas terán en conta e respectarán as normas COVID en vigor, especialmente no referente a aforos e número de persoas e uso obrigatorio de máscara durante toda a actividade e serán realizadas por guías pertencentes á Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia coa formación específica e habilitados polo CSHG en protocolos para a prevención da Covid-19 e minoración de riscos no desenvolvemento das visitas guiadas.

Resumen Itinerarios:

RUTA 1: 11:00 h. Punto de encontro na Igrexa de San Martiño de Poutomillos.

Santiago de Poutomillos. Presentación de la Ruta Connexio.

San Miguel de Bacurín. Intervención de Álvaro Negro.

San Vicente do Burgo. Intervención de Juan López.

San Xoan de Alto. Intervención de Estelle Jullian.

RUTA 2: 16:30 h. Punto de encontro na Capela do Carme.

Capilla del Carmen. Intervención de Rodríguez-Méndez.

Santa María de Gondar. Intervención de Jesús Otero-Yglesias.

Noticias relacionadas