O goberno de Lara Méndez leva a Pleno a primeira aprobación dun criterio único urbanístico para axilizar as tramitacións

O criterio interpretativo aborda a definición da rasante natural do terreo a ter en conta nas construcións en ladeira nos plans parciais aprobados e incorporados ao PXOM.

Con esta harmonización, evitarase que se levanten muros de contencións e peches imposibles entre parcelas e nas frontes dos viarios como está a pasar nalgúns casos.

“Queremos aportar maior claridade e seguridade aos solicitantes dos permisos, xerar un menor impacto nas construcións e axilizar a tramitación”, segundo o edil Alvaro Santos.

Domingo, 25 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O goberno de Lara Méndez leva a Pleno a primeira aprobación dun criterio único urbanístico para axilizar as tramitacións

O executivo de Lara Méndez, a través da concellaría de Sostenibilidade Urbana, levará ao Pleno do vindeiro día 29 deste mes a aprobación dun criterio interpretativo urbanístico sobre o tratamento das rasantes nos plans parciais aprobados co obxectivo de “aportar unha maior claridade e seguridade aos solicitantes dos permisos, xerar un menor impacto nas construcións e axilizar os tempos de tramitación”, avanza o edil Alvaro Santos.

Será esta a primeira vez que o Concello impulsa a axilidade das tramitacións urbanísticas a través das harmonizacións de criterios do PXOM, unha das prioridades que marcou a rexedora de Lugo a principios deste mandato.

Concretamente, no Pleno abordarase a definición clara de rasante a ter en conta nas construcións en ladeira nos planeamentos aprobados e incorporados ao PXOM (UZPIS) ou que non estean acondicionadas axeitadamente polo proxecto de urbanización.

Segundo os informes técnicos nos que sustenta esta unificación de criterio, é necesario definir o que é a rasante da vía ou da beirarrúa para establecer as aliñacións e alturas das edificacións, pero tamén se debe clarificar a rasante natural do terreo, que permitirá establecer o resto dos parámetros a computar da edificación, así como o acabado da parcela, implantación, peches cos viarios ou coas parcelas laterais, etc.

Desta maneira, evitaranse que se levanten muros de contencións e peches imposibles entre parcelas e nas frontes dos viarios como está a pasar en parcelas nas que o terreo non quedou acondicionado e fai inviable a implantación das edificacións sen o acondicionamento de desmonte e/ ou recheo previo, afectando non só a un predio senón a todos os colindantes. Por este motivo, “o criterio deberá ser o mesmo para todas as parcelas”, incide Alvaro Santos.

Neste senso, o criterio interpretativo que se leva a Pleno establecerá que:

“Debe ser entendido por talud natural do terreo sobre o que se vaia a implantar a edificación unha superficie plana que una a rasante/aliñación do vial superior co rasante/aliñación do vial inferior, evitando así muros de contencións entre parcelas e nas frontes dos viais. Establecerase así con esa nova superficie, que define o talud, a que delimite as distintas liñas de talud natural de terreo en cada un dos puntos de contacto coa nova edificación como as que definen as construcións baixo e sobre rasante”.

Con esta harmonización, sostén o concelleiro de Sostenibiidade Urbana, “damos un novo paso para deseñar solucións rápidas e menos latosas e custosas aos problemas dos cidadáns na súas tramitacións urbanísticas, que é un dos principais obxectivos que perseguimos”.

Audio

  • O edil de Sostenibilidade Urbana, Álvaro Santos, sobre a aprobación dun criterio único urbanístico | Descargar mp3

Noticias relacionadas