O Goberno inviste máis de 35.000 euros na reparación do saneamento en cinco rúas da cidade e na parroquia de Pías

Os traballos teñen como finalidade facer máis eficiente a rede de saneamento existente, proporcionándolle así un servizo básico óptimo á veciñanza, evitando así filtracións e perdas de auga

Xoves, 07 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou este xoves distintas obras de reparación do saneamento en diversos puntos do municipio. Trátase dunha inversión de máis de 35.000 euros para o arranxo deste servizo nas rúas Río Lor, Río Mandeo, Río Narla, Ramón Montengro e Carril do Xuízo, así como na parroquia de Pías.

Concretamente, as inversións son as seguintes: 5.147,81 euros e 2.266,66 euros para Río Lor, 4.259,39 euros para Río Narla, 6.655 euros para Río Mandeo, 14.149,74 para Ramón Montenegro e Carril do Xuízo e 3.025 euros en Pías.

Os traballos teñen como finalidade facer máis eficiente a rede de saneamento existente, proporcionándolle así un servizo básico óptimo á veciñanza, evitando así filtracións e perdas de auga. Deste xeito, con esta nova inversión do equipo de Lara Méndez diminuirán ás incidencias ao tempo que se aumenta a calidade e se garante un servizo público como é o de saneamento. As tarefas xa comezaron na rúa Río Narla e gradualmente iniciaranse nos puntos restantes.

Audio

Noticias relacionadas