O Goberno propón na comisión do Garañón repoñer a legalidade a través do derribo

Pedirá informes aos departamentos municipais de Arquitectura e Infraestruturas co fin de que determinen como facer a demolición, segundo explicou a Alcaldesa

“A nosa preferencia é derrubar, e así llo trasladamos á oposición, pero hoxe non se trataba de tomar unha decisión, senón de que os grupos coñecesen as distintas opcións para repoñer a legalidade para que teñan a capacidade de ofrecernos a súa postura”

Venres, 29 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno propón na comisión do Garañón repoñer a legalidade a través do derribo

O Goberno propuxo na comisión non permanente sobre a CS-5 celebrada hoxe a súa preferencia por repoñer a legalidade no Garañón a través do derribo. Así o explicou a Alcaldesa, Lara Méndez, á saída da xuntanza, na que, subliñou, “demos conta das conclusións do servizo municipal de Disciplina Urbanística para ver que opcións temos de cara á reposición da legalidade no Garañón, e poñelas enriba da mesa”.

Polo tanto, explicou, “non se trataba hoxe de tomar a decisión de maneira inmediata, senón de trasladarlle á oposición as distintas alternativas para que logo eles teñan tamén a capacidade de darnos a súa opinión e postura ao respecto”. Pola nosa parte, engadiu, “comunicámoslles que a preferencia do Goberno é solicitar xa demolición, para o cal necesitamos informes dos departamentos municipais de Arquitectura e Infraestructuras que determinen como facer o derribo. Por iso, xa informamos tamén hoxe na comisión de que solicitaremos estes informes”.

Noticias relacionadas