A Xunta de Goberno deu luz a estas actuacións, que se financian con cargo aos remanentes do Plan Único de Deputación e Concello do pasado ano
Na sesión deste mércores acordouse adxudicar a Construcciones Canarga S.L., por 253.000€, o acondicionamento de 7 aparcadoiros disuasorios que, cunha superficie total de 6.000ms2, ofrecerán 203 novas prazas públicas e gratuítas
- Tema
A Xunta de Goberno aprobou este mércores sacar a contratación as obras de renovación do pavimento da Ronda República Argentina e un tramo da avenida de Garabolos por importe conxunto de preto de 126.000€, unhas actuacións financiadas con cargo aos remanentes do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos do 2017, que supoñerán unha mellora na seguridade e comodidade dos conductores e peóns destas vías, que rexistran cunha importante densidade de tráfico.
O proxecto da Ronda República Argentina, cun orzamento de 96.269,34€ e un prazo de execución de tres meses, consiste na reposición do pavimento, así como da sinalización horizontal. En canto ás obras na avenida de Garabolos, que conta cun orzamento de 29.359,11€ e un prazo para acometer as obras de dous meses, afectarán ao tramo comprendido entre os edificios 5 e 9, onde se renovaron recentemente servizos e se pavimetou a beirarrúa, e quedaba pendente a parte que se acometerá agora con este proxecto, consistente na renovación do pavimento da calzada, así como na instalación dun paso de peóns elevado e a creación dun acceso peonil á marquesiña da parada de bus existente na vía para garantir a seguridade dos peóns. O Goberno adopta estas medidas en resposta á preocupación veciñal ante a alta velocidade á que transitan algúns vehículos por esta rúa.
Ademais da mellora da Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos, con cargo aos remanentes do Plan Único tamén se acometerán melloras en Saamasas.
Aparcadoiros disuasorios
Na sesión deste mércores acordouse adxudicar a Construcciones Canarga S.L., por un importe de 253.000 euros, o acondicionamento de 7 aparcadoiros disuasorios en distintos puntos da cidade que, cunha superficie total de máis de 6.000ms2, ofrecerán 203 novas prazas públicas e gratuítas. O prazo de execución é de 5 meses.
As localizacións dos 7 aparcamentos e as súas características son as seguintes:
- R/ ALCALDE MANUEL PORTELA (Garabolos):
- 46 prazas
- Superficie: 1.176,86 ms2
- R/ DO BUXO (Lamas de Prado):
- 24 prazas
- Superficie: 827,44ms2
- AVDA. REVERENDO XOSÉ FERNÁNDEZ NÚÑEZ (A Milagrosa):
- 15 prazas
- Superficie: 469,25 ms2
- R/ PEDRO GONZÁLEZ LÓPEZ (centro):
- 14 prazas
- Superficie: 375,55 ms2
- R/ JACINTO CALVO SENADOR (centro):
- 30 prazas
- Superficie: 942,05 ms2
- R/ ALCALDE XOSÉ NOVO FREIRE (entorno Avda. Madrid):
- 28 prazas
- Superficie: 736,82 ms2
- Orzamento: 26.700€
- R/PARADAI DE ARRIBA:
- 46 prazas
- Superficie: 1.565,20 ms2
As obras que se levarán a cabo en cada unha das parcelas son: limpeza do terreo; escavación e recheo; colocación dunha rede de recollida de augas pluviais que inclúe sumidoiros e pozos de rexistro; pavimentación (unha capa de zahorra e dúas de asfalto); sinalización horizontal (para marcar as prazas, viais, sentidos de circulación, ceda ao paso e stop); sinalización vertical (indicadores de entrada e saída); e peche perimetral (con malla metálica de 2ms de altura), que permita identificar o aparcadoiro a conductores e viandantes.
As prazas terán unha dimensión por regra xeral de 2,5ms de ancho e 5 de longo, e todas as parcelas incluirán estacionamento para vehículos de persoas con mobilidade reducida.
Entre outros asuntos, a Xunta de Goberno concedeu licenza para a reforma e cambio de usos de vivendas a albergue na rúa da Cruz. As obras teñen un orzamento de 103909 euros e un prazo de execución de 12 meses. Así mesmo, tamén se autorizaron 17 postos para o mercado de antigüidades e coleccionismo, e regularizar os soportais da Praza Maior como alternativa, en caso de choiva, deste mercado, que se celebra o segundo e terceiro domingo de mes en xornada de mañá.
Audio
- Fernández, sobre os aparcadoiros disuasorios | Descargar mp3
- Fernández, sobre as obras | Descargar mp3