O MIHL acolle un taller de debuxo romano para nenos e nenas durante o mes de xuño

As sesións son os sábados de xuño no MIHL agás a do sábado 20 que se traslada para a Praza de San Marcos

Mércores, 03 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que este próximo sábado seguen a desenvolverse no MIHL os talleres de debuxo romano dirixido a nenos e nenas.

Esta actividade que ten unha duración de dúas horas e media, de 11 a 13.30 horas, está centrada no pasado romano da cidade de Lugo, de cómo se foi creando e como era a vidad dentro das murallas para que os nenos e nenas poidan ir debuxando a historia. O obxetivo da actividade é achegar ós nenos dunha maneira amena por medio das artes plásticas un pouco da historia do pasado romano da cidade de Lugo. 

O obradoiro destinado a nenos de entre 5 e 12 anos, cun máximo de 20 por sesión, que poñerán en práctica diferentes técnicas de debuxo da man da ilustradora Mariana Roura. As clases que quedan serán os días 6, 13, 20 e 27 de xuño no MIHL, salvo o día 20 que con motivo do Arde Lucus celebrarase na Praza de San Marcos e nos que se farán traballos manuais relacionados coa arte romana.

A sesión de ese día alongaráse durante toda a mañá e elaboraránse entre todos os que queiran participar un mosaico romano con trociños de papeis de cores, que os nenos irán pegando con pequenas indicacións. Paralelamente a isto, os máis pequenos poderán colorear algún debuxo relacionado co mundo romano creado específicamente para isto ou facer un mosaico máis reducido que logo se poderán levar.

Noticias relacionadas