O MIHL ofrece catro obradoiros de monicreques e pintura para os máis pequenos

Os interesados en anotarse nas actividades, con 120 prazas, deben facelo chamando ao 010 ou ao 982.297.350. Os talleres terán lugar este sábado e os días 8, 9 e 12

Xoves, 03 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ofrece dende este sábado e ata o 12 de setembro catro obradoiros didácticos e de lecer sobre monicreques e pintura dirixidos aos máis pequenos. Nas actividades, con 120 prazas, poderán participar nenos de máis de 6 anos. Os interesados en anotarse deben chamar ao número de teléfono de atención cidadá, o 010, ou, dende fóra de Lugo, ao 982.29.73.50.

Este sábado, de 12.00 a 14.30 horas, terá lugar o espectáculo Cocer e Cantar e un obradoiro de elaboración de monicreques, a cargo de Viravolta Títeres e con 40 prazas. Este taller volverá a celebrarse, co mesmo horario e prazas, o sábado 12.

O vindeiro martes, día 8, de 17.00 a 19.00 horas, os nenos e nenas poderán gozar dun obradoiro de pintura e unha visita guiada pola exposición Omni Tempore, que Juan Pablo Mastroianni ten aberta no MIHL, actividades que se repetirán ao día seguinte, o 9, no mesmo horario. Neste caso, cada obradoiro ten 20 prazas.

Noticias relacionadas