O Nadal, en adornos de cristal no MIHL

A mostra Nadal de Cristal poderase visitar ata o 31 de xaneiro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde

Xoves, 17 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Nadal, en adornos de cristal no MIHL

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) estreou este xoves a exposición Nadal de Cristal, organizada polo Concello de Lugo no marco da programación do Nadal 2015-2016. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou esta tarde a mostra que reúne máis de 300 adornos creados artesanalmente en cristal recollidos en diferentes tendas e mercadiños de Europa.

Nadal de Cristal é unha parte da Colección Vico, que nace dunha viaxe a Polonia de Carlos e Fátima en 2009, onde descubriron unha pequena tenda chea de adornos para a árbore de Nadal soplados en cristal.

A mostra contempla diferentes temáticas, as orixes do Nadal, as orixes da árbore de Nadal, a guerra e as árbores de Nadal prohibidas, os agasallos, as diferentes costumes de Nadal en diferentes países europeos, os xoguetes, anxos e reis, Santa Claus, a infancia dos nenos nos países europeos, os bonecos de neve, a comida de Nadal antes e agora, seres mitolóxicos, contos infantís e o proceso de fabricación de adornos de Nadal.  

Vinculados a esta exposición realizaranse obradoiros de cociña para nenos de máis de 5 anos, os días 21, 22 e 23 das 18:00 ás 19:00 horas; de creación de adornos para nenos e nenas de 6 a 12 anos e contacontos. Tamén haberá unha visita guiada o día 27 de decembro ás 18:00 horas. Para os obradoiros é preciso inscribirse no Servizo de Atención Cidadá 010.

Horario de exposición

Nadal de Cristal  poderase visitar ata o 31 de xaneiro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

Noticias relacionadas