O pago das actividades de Deportes e as compras das entradas de Cultura só se poderán efectuar a través de TPV desde xaneiro

A área de Gobernanza, a cargo da concelleira Paula Alvarellos, instalará dez puntos de pago nas instalacións deportivas e culturais para maior comodidade da veciñanza

Abrirase un período de transición hasta final de ano en Deportes no que os usuarios das instalacións poderán pagar en efectivo como ata o de agora ou xa utilizar as TPV

Martes, 10 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A área de Gobernanza, a cargo da concelleira Paula Alvarellos, leva para a súa aprobación maña na Xunta de Goberno Local a contratación do servizo bancario de instalación de terminais de pago (TPV) en dependencias municipais. Serán un total de dez novas unidades que se colocarán nas instalacións deportivas e culturais.

Actualmente, os usuarios das instalacións deportivas pagan as actividades só en efectivo e tampouco existe a posibilidade de pago das entradas a través dos datafonos de TPV en todas as instalacións culturais. Por iso, co obxectivo de facilitar o pagamento aos usuarios, procederase a ubicar as novas terminais.

O Concello de Lugo abrirá un período de transición ata xaneiro onde se permitirá o uso dos dous sistemas, en efectivo e a través dos puntos de pago, pero a partir dun 1 de xaneiro só se poderá facer a través das TPV.

A duración inicial do contrato de instalación e mantemento destes dispositivos será de dous anos, e a instalación dos TPV realizarase nun período dentro dos dez días seguintes á formalización do contrato ou á petición da Tesoureira Municipal.

O contrato poderá prorrogarse por períodos anuais sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas exceda os cinco anos.

Noticias relacionadas