O patio do colexio Illa Verde gañará en seguridade grazas ás tarefas de mantemento que acometerá o Goberno

As obras, que consisten na pavimentación dunha zona do patio, a execución dun muro e o peche do espazo, contan cun orzamento de 12.000€ e un prazo de execución dun mes.

Coa realización destas actuacións, o Goberno mantén de novo a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis de 450 alumnos e alumnas do centro.

Xoves, 09 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer que o Goberno acometerá a pavimentación e peche nunha zona do patio do colexio público Illa Verde. As obras, cun orzamento duns 12.000 euros arrincarán, previsiblemente, a vindeira semana e contan cun prazo de execución dun mes.

Tal e como explicou Núñez, o Concello leva a cabo estas obras de mantemento en resposta ás demandas do centro. Concretamente actuarase nunha zona do patio que se atopa con desnivel e en terra, o que pode supoñer perigo para os nenos e nenas. As obras proxectadas consisten na excavación de terras, saneo, nivelación e compatación da explanada; así como a execución dun muro de formigón armado, o estendido de zahorra, a execución dun pavimento de formigón e o peche con malla. Deste xeito, o colexio iniciará o curso cun patio duns 180 metros cadrados, con mellores condicións de seguridade.

Coa realización destas actuacións, o Goberno mantén de novo a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis de 450 alumnos e alumnas do centro.

Audio

  •  O patio do colexio Illa Verde gañará en seguridade| Descargar mp3

 

Noticias relacionadas