O sábado 1 haberá diversas actividades na Praza Maior para festexar a tradición celta do Samaín

Martes, 28 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informa das actividades que se van a celebrar con motivo do Samaín e realizadas pola Asociación Trebas Galaicas. Todas as actividades realizaranse entre as 17.30 e as 22.30 na Praza Maior.

Ao longo do día 1 de novembro realizaranse unha serie de actividades nas que haberá baleirado e tallado de cabazas, recortables e coloreables para nenos adaptados á temática do Samaín, pintado de caras con Pictos Galaicos, e globoflexia. Ademais támen haberá actividades de contacontos, en colaboración de El Faro de los Tres Mundos, para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos.

As actividades rematarán cunha degustación popular de chocolate con churros para todos os nenos e nenas participantes e cun desfile de ánimas pola Muralla e unha queimada.

Multimedia

Noticias relacionadas