O teatro clásico ao máis puro sabor de Lugo

Carmen Basadre e representantes de diferentes restaurantes da cidade presentaron este mércores no Mercado Municipal as tapas inspiradas na XVI Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello

As tapas poderanse degustar entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por 2 euros na Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ulla, Campos, Encina, Manuel Manuel, Paprica e Mangiarte

Mércores, 03 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O teatro clásico ao máis puro sabor de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este mércores no Mercado Municipal as tapas inspiradas na XVI Mostra de Teatro Clásico, que organiza o Concello de Lugo. Ao acto tamén asistiron representantes dos restaurantes que participarán nesta iniciativa.

Durante a presentación, Basadre fixo fincapé no doble sentido da mostra de teatro, por un lado cultural e por outro gastronómico e turístico. “Misturamos a cultura coa gastronomía, dous dos nosos grandes patrimonios, co claro obxetivo de darlle un impulso ao turismo da cidade”, asegurou a edil, quen convidou a probar as 9 tapas diferentes que se poderán degustar en 9 restaurantes da cidade entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros.

Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Manuel Manuel, Paprica e Mangiarte que ofrecerán as tapas inspiradas nas representacións das 9 representacións da XVI Mostra de Teatro Clásico, El Eunuco, El Retablo de las Maravillas, La Hermosa Jarifa, Medea, Sanchica, Princesa de Barataria, Hamlet, Teresa o el sol por dentro, Quixote e Royal Flush. As tapas levan por nome Agasallo en Atenas, O ovo que non o é, Cunca de grelos con marisco, Morzoas de polo, Paté de lamprea con mazás e tostas de noz, Ser ou non ser, Os soños, soños son; Potaxe de vixilia e o Violín de teresa, respectivamente.

Programación XVI Mostra de Teatro Clásico

A XVI Mostra de Teatro Clásico terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire do 11 de febreiro ao 12 de marzo. Trátase dunha mostra que inclúe ademais dunha sección oficial de representacións, unha sección off, con actividades na rúa ou espectáculos de pequeno formato. Este último programa terá lugar dende o sábado 13 ao sábado 20 de febreiro na Mosqueira, na Praza Maior, na Praza de Santa María e no recinto histórico, ademais do auditorio.

Todos os interesados en asistir, poden adquirir bonos a través do portal web www.entradaslugo.es e as entradas a través desta mesma plataforma, no auditorio e no Centro de Interpretación da Muralla.

Máis información en www.lugo.gal

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a presentación das tapas da XVI Mostra de Teatro Clásico| Descargar mp3

Noticias relacionadas