O ‘Urban Tour 2.0’ completa o cartel de participantes para a batalla de galos e mantén abertas as inscricións para os talleres de rap do día 10

A iniciativa, promovida pola área de Xuventude, reunirá a 32 artistas urbanos o vindeiro mes en Lugo, coa participación do artista local LE33.

Contará cunha parte práctica consistente nunha batalla de galos o 9 de setembro e unha parte formativa con catro obradoiros, o 10 de setembro de 16:00 a 20:30 horas.

As e os interesados poden reservar a súa praza de balde en https://urbantour.es/

Xoves, 24 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ‘Urban Tour 2.0’ completa o cartel de participantes para a batalla de galos e mantén abertas as inscricións para os talleres de rap do día 10

O ‘Urban Tour 2.0’, un encontro xuvenil relacionado coa música urbana promovido pola área de Xuventude do Concello, completou o cartel de participantes para a batalla de galos que terá lugar o vindeiro sábado, 9 de setembro. En total, serán 32 artistas os que competirán por diversos premios, incluída a creación dun videoclip.

Así o avanzou o edil Jorge Bustos quen lembrou que “a través desta iniciativa relacionada coa música urbana e as batallas de galos, buscamos visibilizar o esforzo, arte e creatividade que se esconde detrás desta disciplina artística”. Con este obxectivo, ademais da parte demostrativa, o domingo, 10 de setembro, tamén haberá unha parte formativa.

Deste xeito, celebraranse catro obradorios de rap e improvisación, con 15 participantes por grupo, impartidos polo artista local LE33, de 16:00 a 20:30 horas, na Casa da Música de Lugo. O rapeiro lucense tamén participará como speaker na batalla de galos do día anterior, na que actuará como DJ Affair e como xurados: Yosua, Puma e Guanyar.

As inscricións para participar nos obradoiros, así como as entradas gratuitas para asistir de público a batalla de galos, xa se atopan dispoñibles a través da páxina web https://urbantour.es/. As actividades serán de balde para todos/as os/as asistentes.

Audio

Noticias relacionadas