O Uxío Novoneyra acolle mañá unha xornada de portas abertas de linguaxe de signos

Impartida pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de  Galicia, será en xornada de mañá e de tarde, concretamente de 11:00 a 13:00 horas, e de 17:30 a 19:30 horas

Luns, 17 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acollerá mañá martes, 18 de outubro, unha xornada de portas abertas de linguaxe de signos, impartida pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Será en xornada de mañá e de tarde, concretamente de 11:00 a 13:00 horas, e de 17:30 a 19:30 horas.

Para a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, esta xornada de portas abertas é unha oportunidade única para coñecer as diferenzas entre a lingua española e a linguaxe de signos, así como para profundizar en aspectos da comunidade xorda. Ademais, servirá para adquirir un nivel básico de expresión nesta lingua, o que permitirá o intercambio de comunicación en distintos contextos.

En materia de intérprete de lingua de signos, o Concello conta cun servizo gratuíto dende 2007, coa que a entidade local busca garantir a accesibilidade aos servizos municipais a todos os seus veciños e veciñas e facilitarlle a súa participación na vida pública.

Sobre esta xornada, máis información na web www.faxpg.es ou no teléfono de FAXPG, 981-91-87-68.

Noticias relacionadas