O V Concurso Galego de Cortadores de Xamón xa ten gañadores

Venres, 15 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Doce cortadores profesionais de xamón disputaron hoxe, dende as 11 da mañá a gran final do V Concurso Galego de Cortadores de Xamón, nunha carpa situada na Praza Maior de Lugo. O Concurso contou coa colaboración do Concello de Lugo e o programa Lugo10, a Deputación de Lugo, Lugo Terra, a Asociación Gastronómica e Cultural Tenedor de Oro, a DO Ribeira Sacra, e o patrocinio de Coren.

Os doce participantes, profesionais chegados dende toda España, cortaron xamón ante a atenta mirada dun xurado composto por José Manuel Miguez Cid, Campión Galego 2009; Emilio Calo Rama, Campión Galego 2008; Manuel Anselmo Pérez, Campión Nacional 2010; Rafael Ortiz Romero, responsable da Unidade de Xamóns Coren e Alba García, veterinaria da ASOPORCEL. Todos eles, coordinados por Nacho Costoya, Vicepresidente da Asociación Galega de Maitres e Técnicos de Hostalería (AMAIGA) e por Sergio Carozo, da Asociación Extremeña de Cortadores de Xamón de Badajoz.

Os participantes competiron por alcanzar as máximas cualificacións, tendo en conta o estilo, o grosor ou tamaño da rebanda, a limpeza ou a rectitude no corte, entre outros aspectos. Tras unha longa deliberación por parte do xurado, os gañadores, que recibiron premio en metálico e trofeo, foron:

1º - Pedro Antonio Mora Porras, de Chipiona
2º - Carlos Martínez Blanco, de Paracuellos del Jarama (Madrid)
3º - Carlos Lorenzo Fernández, de Pontevedra

O cuarto clasificado foi Julián Torres Ouro, de Santiago, seguido por Raúl García Barriga, de Ourense, e o sexto clasificado foi Severino Carballeiro Eiras, de Xixón.

Multimedia

Noticias relacionadas