A obra Pan. Catro propostas arredor da malla chegará mañá ás tablas do Auditorio

Martes, 11 de marzo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá mañá mércores, 12 de marzo, a montaxe dunha nova obra que forma parte do ciclo Teatro Galego en Lugo organizado polo Concello de Lugo e o IGAEM.

Volta e Dálle Teatro representará ás 20:30 horas Pan. Catro propostas arredor da malla, unha obra que simboliza a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada. O pan xa non se amasa na artesa, senón en fatorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado, senón de fariñas industriais.

Esta desaparición da malla simboliza eses cambios e inspira catro historias que conforman PAN: A Sementeira, A Sega, A Malla e O Pan.

Do mesmo xeito que as mallas xuntqaban toda a aldea, PAN é o resultado dun longo e complexo proceso de creación colectiva de todo o equipo da compañía Volta e Dálle.

Catro autores con diferentes concepcións teatrais realizarán as súas particulares interpretacións de cada paso que percorría o pan dende a leira á mesa.

As entradas poderán mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Gustavo Freire dehnde unha hora antes do espectáculo. O importe das entradas variará segundo a zona: zona A 8 euros, zona B 5 euros e zona C 3 euros.

Noticias relacionadas