A orquestra Ars Combinatoria ofrecerá un concerto este venres enmarcado na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

A cita terá lugar no Círculo das Artes, ás 20:00h, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Toda a información pode consultarse na web: www.lugocapitaldacultura.com

Lara Méndez convidou a toda a veciñanza a desfrutar da obra “A paixón segundo San Xoán”, de Johann Sebastian Bach, que se celebrará como anticipo á Semana Santa.

A Orquestra galega estará acompañada polos solistas e as solitas galaico-portugueses/ as: Raquel Mendes, Péter Bozi, Fernando Guimaraes e Vicente Antequera.

Xoves, 23 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A orquestra Ars Combinatoria ofrecerá un concerto este venres enmarcado na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

A orquestra Ars Combinatoria ofrecerá un concerto mañá, venres 24 de marzo, a partir das 20:00 horas no Círculo das Artes de Lugo enmarcado na programación promovida polo Goberno de Lara Méndez, con motivo da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, como previa á celebración da Semana Santa.

Así o avanzou a rexedora, quen explicou que “dentro da tradición e os ritos asociados á celebración da Semana Santa en Galicia e Portugal, a música ocupa un lugar moi especial”. Deste xeito, como anticipo a esta celebración, a Orquestra Ars Combinatoria, acompañada polos/as solistas galaico-portugueses/as: Raquel Mendes, Péter Bozi, Fernando Guimaraes e Vicente Antequera, interpretarán unha das obras máis emblemáticas do repertorio barroco: A Paixón segundo San Xoán, de Johann Sebastian Bach.

A entrada será totalmente gratuíta e libre ata completar o aforo. Toda a información sobre este evento, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, pode consultarse na páxina web: www.lugocapitaldacultura.com

Ars Combinatoria é un grupo galego creado en 1991 que centra a súa actividade na música antiga. Actualmente está dirixido por un dos seus fundadores, o sarriao Canco López.

Noticias relacionadas