Os maiores gozan do seu día no San Froilán

A verbena coa orquestra Acordes e a actuación de MIITIC protagonizan este día, no que distintas charangas amenizaron o casco histórico da cidade. Ademais, a Praza da Milagrosa acolle o concerto de La Descarga

Luns, 09 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os maiores gozan do seu día no San Froilán

Os festexos do San Froilán dedican a xornada deste luns aos maiores. O programa festivo comezou ás 11:30 horas, cunha actuación a cat¡rgo da charanga OT, que animou o Mercado Municipal e a Praza de Abastos, onde tivo lugar a iniciativa Saborea o San Froilán, así como a rúa Progreso, Raíña, Campos Castelo, San Pedro e Praza Maior. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, salientou o ambiente nas rúas e prazas ao longo desta fin de semana, incluso máis aló do feiral e do central. Así mesmo convidou a toda a cidadanía a participar nos distintos actos programados para hoxe así como nos días que quedan de festas, declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional.

Ás 17:30 arrincou a verbena na Praza Maior, como é de costume, coa orquestra luguesa Acordes, que leva máis de 25 anos ofrecendo o mellor da música para bailar nas festas. Os Pelúdez tampouco quixeron faltar a esta cita.

MITIC El Espectáculo sorprenderá na Praza de Santa María a partir das 21:00 horas. Previamente será a charanga Os amigos de Manolo os que amenicen as rúas.

Mañá mércores, a programación festiva iniciarase da man da charanga Viño Branco, por Quiroga Ballesteros, praza da Soidade e a zona dos viños. O relevo collerao Musel, que ofrecerá en Campo Castelo a sesión vermú. As 18:00 horas, o Vello Cárcere será testemuña dunha nova edición de A Letra das Festas, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración do Concello. As actuacións de Os Jalácticos pola rúa dos viños, o concerto de La Descarga na praza da Milagrosa e a presentación de Verbas no vento de Xoán Eiriz en Santa María son parte do sexto día das festas.

O San Froilán máis miúdo

No patio do Seminario os cativos e cativas continúan coa súa programación. Hoxe celebrouse un obradoiro de teatro e contacontos e un espectáculo de teatro, e mañá terá lugar un obradoiro de salsa, bacahta e de danza contemporánea e un espectáculo de baile. Ademais, continúa aberta a feira Gastroarte.

Máis información en www.sanfroilan.info

Multimedia

  • Os maiores gozan do seu día no San Froilán
  • Os maiores gozan do seu día no San Froilán

Noticias relacionadas