Os nadadores do Club Fluvial participantes nos Campionatos Galegos foron recibidos no Concello

Venres, 10 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, recibiu esta mañá na Casa do Concello aos rapaces e rapazas do Club de Natación do Club Fluvial que participaron recentemente nos Campionatos Galegos.

A Concelleira felicitou aos nove deportistas pola súa dedicación nunha disciplina tan complexa. Animounos a seguir traballando e compatibilizando o deporte e os estudos e desexoulles "o mellor" no campionato de España no que participarán proximamente.

A Concelleira resaltou a brillante actuación que están a realizar os deportistas lucenses nas competicións nas que participan, levando o nome de Lugo ao máis alto dos medalleiros.

Os rapaces e rapazas recibiron o libro Hamlet en Lugo como recordo da súa visita.

Multimedia

Noticias relacionadas