Os parques infantís de Lugo xa contan con bambáns adaptados para nenos e nenas con problemas de mobilidade

Os primeiros bambáns adaptados están instalados no parque Rosalía de Castro, na Praza Roxa, en Augas Férreas e na Milagrosa

Luns, 18 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os parques infantís da cidade contan dende hoxe con bambáns especiais para que nenos e nenas con problemas de mobilidade poidan gozar tamén das instalacións infantís.

Desta maneira, instaláronse catro cadeiras especiais, cun maior tamaño e con cintos, para menores con discapacidade en catro parques de diferentes zonas da cidade, como son o parque de Rosalía de Castro, Praza Roxa en Fingoi, Augas Férreas e no parque de Frigsa na Milagrosa.

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, dedicou un investimento de preto de 4.000 euros para a instalación destes asentos especiais e cunhas medidas de seguridade que permite que os menores con problemas de mobilidade vaian seguros nos bambáns.

Noticias relacionadas