O Martes de Entroido acolleu o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que este ano contou con preto de 300 participantes. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes desplegaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos lucenses.
O concurso, que repartiu 8.100 euros en premios, comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron sete persoas. Nesta categoría establecéronse tres premios e catro accésits que repartiron 1.600 euros entre os agraciados, que foron os seguintes:
Entre os participantes restantes repartíronse catro accésits de 150 euros cada un.
Na categoría de disfraces por parellas presentáronse sete parellas, entre as que se repartiron os seguintes premios:
Os participantes restantes recibiron un accésit de 200 euros para cada parella.
O desfile rematou co paseo das 15 comparsas que se presentaron. Preto de 250 persoas competiron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados.
Entre os concursantes repartíronse 4.500 euros en premios do seguinte xeito:
Os sete accésits de 300 euros cada un galardonaron as comparsas de: Vaia bichos, Os sinais de tráfico, Los Picapiedra, O bosque máxico, Feria a lo loco, Playmobil Pirata e Aldea Gala.
O desfile foi pechado pola Aldea Gala que reproduciu a famosa aldea dos personaxes de cómic Astérix e Obélix. A típica escena da cena da victoria coa que finalizan as aventuras destes heroes galos foi representada nun camión que percorreu as calles do centro