Os primeiros 10 anos da Letra das Festas dan forma ao 18º San Froilán dos Devanceiros

Maite Ferreiro presentou xunto con Lois Pérez e Antonio Reigosa a nova edición da publicación anual das festas do San Froilán

Xoves, 07 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os primeiros 10 anos da Letra das Festas dan forma ao 18º San Froilán dos Devanceiros

O Vello Cárcere acolleu esta tarde a presentación do 18 volume do San Froilán dos Devanceiros, a publicación anual que a área de Cultura achega á veciñanza en cada edición do San Froilán e que este ano ten por título Letra das Festas 2011-2020. A revista oral do San Froilán.

A edil de Cultura estivo acompañada por Lois Pérez e Antonio Reigosa, os escritores deste volume da colección que resume as historias e anécdotas das distintas persoas que participaron na actividade anual da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

"Todas as persoas que asistiron ou participaron nalgunha edición da Letra das Festas poderán volver lembrar neste libro os distintos actos, e as persoas que nunca puideron asistir terán a oportunidade de desfrutar dunha selección historias que lles permitirán ver o San Froilán desde distintos puntos de vista", explicou Maite Ferreiro.

A edil de Cultura afirmou que "a Letra das Festas é unha cita consolidada no calendario do San Froilán e este ano pasa a formar parte da historia escrita da gran festa do outono galego con este novo volume do San Froilán dos Devanceiros".

Multimedia

  • Os primeiros 10 anos da Letra das Festas dan forma ao 18º San Froilán dos Devanceiros

Noticias relacionadas