Os soportais da Praza Maior acollen mañá os postos dos libreiros con motivo da celebración do Dia do Libro

Pola tarde haberá unha sesión de contacontos para nenos e nenas maiores de 6 anos na Biblioteca Municipal

Mércores, 22 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carteiro en bicicleta

Mañá xoves 23 de abril, Día do Libro, os soportais da Praza Maior acollerán os postos de varias librarías lucenses que con motivo da festividade do libro sacaranno ás rúas para que os cidadáns poidan desfrutar deles ao aire libre.

Así, dende as 09.00 que comezarán a instalarse, as persoas que se acheguen pola Praza Maior poderán mercar libros nos diferentes postos e ademais terán un desconto sobre o prezo establecido. O horario será contínuo ata as 20.00 horas aproximadamente.

Pola tarde, a partir das 18.30 hora, na Biblioteca Municipal, os nenos e nenas maiores de 6 anos terán unha nova cita cos contacontos. Será a compañía Caxoto que poña en acción a cantiga Carteiro en bicicleta de João Afonso e dende a que fará un achegamento por diferentes autores da literatura. Esta actividade está enmarcada dentro da programación de animación á lectura do Concello de Lugo.

Noticias relacionadas