Paula Alvarellos: “A arte urbana é unha ferramenta estratéxica no proceso de rexeneración que estamos a executar”

A alcaldesa de Lugo mantivo un encontro esta mañá co artista Manuel Pallín, autor do mural Copora, terceiro clasificado no ranking mundial Street Art Cities en 2023.

“A aposta pola arte urbana impulsada por este Goberno reflíctese na mellora dunha contorna de gran valor patrimonial que ademais sitúa a Lugo no mapa, ao convertelo no único espazo do mundo que conta con dous recoñecementos deste tipo”,  dixo.

A rexedora agradeceu a implicación do muralista e reforzou o seu compromiso por seguir traballando para mellorar a cidade a través da arte urbana coa promoción de futuros proxectos.

Martes, 06 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos: “A arte urbana é unha ferramenta estratéxica no proceso de rexeneración que estamos a executar”

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo un encontro esta mañá co artista Manuel Pallín, autor do mural Copora, terceiro clasificado no ranking mundial Street Art Cities en 2023. A rexedora felicitou ao muralista da Castrexa polo seu logro ao tempo que destacou a importacia que esta distinción ten para Lugo desde o punto de vista promocional. “A aposta pola arte urbana impulsada por este Goberno a través do proxecto Urban Cores Atlánticas reflictese na mellora dunha contorna de gran valor patrimonial que ademais situa a Lugo no mapa, ao convertelo no único espazo a nivel internacional que conta con dúas obras premiadas coa distinción de mellor mural do mundo (Julio Cesar, 2021) e terceiro mellor mural do mundo (Copora, 2023)”, sinalou a rexedora.

Durante a súa intervención, Alvarellos puxo en valor a arte urbana como instrumento de rexeneración dos espazos públicos. “Esta disciplina está a cobrar un valor crucial no proceso de recuperación de determinadas zonas da nosa cidade como demostran estes proxectos, pero tamén outros, como a iniciativa levada a cabo na rúa do Esquecemento, onde algúns dos mellores graffiteiros participaron na súa posta en valor, ou nas Casas Sindicais, onde se levou a cabo un traballo que mudou a faciana do barrio. A arte urbana é unha ferramenta estratéxica no proceso de rexeneración urbana que estamos a executar na cidade”, afirmou.

Alvarellos Fondo agradeceu a implicación de Manuel Pallín nesta liña de actuación e reforzou o seu compromiso por seguir traballando para mellorar a cidade a través da arte urbana con futuros proxectos. “Imos a seguir promovendo este tipo de obras. É preciso resaltar a súa importancia social xa que fomenta a expresión creativa, transforma as contornas urbanas, reflicte a identidade e diversidade das comunidades e serve como plataforma para a concienciación social sobre temas de relevancia, como a igualdade ou o respecto polo medioambiente, aspectos fundamentais para acadar unha sociedade máis xusta”, concluíu a alcaldesa.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre a recepción ó artista Manuel Pallín | Descargar mp3

Noticias relacionadas