Paula Alvarellos delega no Director Xeral de Urbanismo a tramitación directa das licenzas inferiores a 300.000 euros para axilizar a súa resolución

Trátase dunha das primeiras medidas impulsadas pola alcaldesa para axilizar os procedementos administrativos que se xestionan nesta área.

“Este mecanismo vai incrementar considerablemente o ritmo de tramitación en expedientes de vivendas unifamiliares, reformas integrais ou acondicionamento de locais inferiores a ese importe”, indicou  a rexedora.

Así mesmo, o director xeral exercerá competencias sobre actuacións de disciplina urbanística, conservación e protección do patrimonio histórico-artísitco e promoción e xestión de vivenda.

Martes, 27 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos delega no Director Xeral de Urbanismo a tramitación directa das licenzas inferiores a 300.000 euros para axilizar a súa resolución

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, vén de delegar no director xeral de Urbanismo novas competencias co obxectivo de reducir os tempos administrativos dos procedementos que se xestionan nesta área. Deste xeito, entre outras medidas, simplificarase o proceso para as licenzas inferiores a 300.000 euros que poderán resolverse sen necesidade de abordarse en Xunta de Goberno Local.

“Con esta encomenda lograremos axilizar o proceso de tramitación nos servizos implicados, xa que  este mecanismo  permitirá incrementar o ritmo de concesión de forma considerable en expedientes como  os de vivendas unifamiliares, as reformas integrais ou o acondicionamento de locais, o que sin duda repercutirá de forma positiva no cómputo anual, tendo como obxectivo  mellorar os datos do ano pasado que nos sitúan como o municipio galego que mais permisos concedeu ata o mes de septembro”, indicou  Alvarellos Fondo.

“Esta atribución de competencias que asume o novo director xeral de Urbanismo contribuirá a impulsar dinámicas de traballo eficientes para seguir mellorando a engrenaxe municipal”, apuntou a rexedora que recordou que o balance total do pasado exercicio fixa en 279 o número de licenzas aprobadas en Xunta de Goberno Local, o que xerou un volume de negocio no municipio superior aos 51 millóns de euros en 2023.

Ademais das licenzas de obra maior de ata 300.000 euros, o novo director de Urbanismo asume outras atribucións como a ordenación e xestión urbanísitca ou o fomento da conservación e rehanilitación de edificios. Tamén asume repsonsabilidades relacionadas coa xestión do patrimonio municipal. Así mesmo, Hipólito Pérez, que  coordinará o traballo dos servizos de Urbanismo, Licenzas, Arquitectura e Arqueoloxía, exercerá competencias sobre actuacións de disciplina urbanística, conservación e protección do patrimonio histórico-artísitco e promoción e xestión de vivenda.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre a delegación de funcións | Descargar mp3

Noticias relacionadas