A Policía local estreita o cerco aos locais problemáticos de lecer nocturno co peche doutro establecemento

Nos últimos meses clausuráronse no municipio un total de 18 establecementos que causaban alteracións na convivencia por incumprimento da normativa de Espectáculos Públicos de Galicia.

“Este é o xeito no que debemos actuar anta casuisitcas onde non se concilia o dereito ao ocio co necesario e lexítimo dereito ao descanso da cidadanía ou cando o incumprimento da legalidade pon en perigo a seguridade da veciñzanza”, sinalou a rexedora.

O Goberno local insiste na importancia da colaboración cidadá para detectar posibles irregularidades noutros locais e así poder actuar de forma contundente sobre estes establecementos.

Mércores, 21 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía local estreita o cerco aos locais problemáticos de lecer nocturno co peche doutro establecemento

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo Intendente da Policía local, Jesús Piñeiro, informou esta mañá dun novo peche dun local de ocio nocturno por varios incumprimentos graves da normativa. “Con motivo das inspeccións realizadas por efectivos da Policía Local de Lugo nun local situado na rúa Mariña Española, onde detectáronse infraccións graves, como o exercicio da actividade do establecemento sen axustarse á licenza municipal ou incumprir a obrigación de información ao público, de acordo ao establecido na normativa de Espectáculos Públicos de Galicia, decretamos a suspensión de actividade de devandito establecemento”, sinalou a rexedora.

Este novo peche enmárcase dentro do plan de acción que a Alcaldía leva a cabo a través da Policía Local na loita contra os locais problemáticos, moitos deles de ocio nocturno, que están a causar alteracións na convivencia e a xerar prexuízos no descanso dos veciños e veciñas. “O estrito control sobre o cumprimento da normativa vixente coordinado cun intenso labor policial está a traducirse na apertura de numerosos expedientes que en moitas ocasións finalizan co peche definitivo destes establecementos. Este é o xeito no que debemos actuar anta casuísticas onde non se concilia o dereito ao ocio dunha parte da poboación co necesario e lexítimo dereito ao descanso da cidadanía ou cando o incumprimento da legalidade pon en perigo a integridade dos propios usuarios e usarias destes locais”, explicou Alvarellos Fondo.

Neste sentido, o intendente Piñeiro informou do continuado labor de inspección que a Policía local está a levar a cabo en relación con este asunto. De feito a Policía local de Lugo está a realizar un destacado traballo ante situacións de alteración da convivencia deste tipo. Entre abril de 2022 e marzo de 2023, o Concello executou o peche de 8 locais por incumprir a legalidade. Nos últimos 10 meses acometeronse 10 peches máis, o que se traduce nun total de 18 establecementos pechados en menos de dous anos. Así mesmo, o Intendente insitiu na importancia da colaboración cidadá para detectar posibles irregularidades noutros locais e sinalou que o traballo coordinado con outros corpos de seguridade tamén está a contrubuír á consecución destes peches.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sobre un novo peche dun local de ocio nocturno | Descargar mp3

Noticias relacionadas