A Praza de Augas Férreas acollerá mañá a última función de títerecirco enmarcada na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

Trátase do espectáculo familiar Circo Galaico, a cargo de Títeres Alakrán, que terá lugar a partir das 18:00 horas con acceso libre e gratuíto.

Toda a información sobre esta actividade e o resto da programación da Capital da Cultura pode atoparse na páxina web www.lugocapitaldacultura.com.

Martes, 05 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza de Augas Férreas acollerá mañá a última función de títerecirco enmarcada na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico

A Praza de Augas Férreas acollerá mañá, a partir das 18:00 horas, a derradeira función de títerecirco enmarcada na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, deseñada polo executivo de Lara Méndez. Trátase do espectáculo inicialmente programado para o 2 de agosto que tivo que adiarse por motivos meteorolóxicos.

‘Circo Galaico’, como se denomina a función, é un espectáculo familiar de variedades a cargo da compañía Títeres Alakrán,  conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo de monicreques. A entrada ao mesmo será totalmente de balde con acceso libre.

Toda a información sobre esta actividade e o resto da programación da Capital da Cultura pode atoparse na páxina web www.lugocapitaldacultura.com

Noticias relacionadas