Presentan o número VIII da revista de creación literaria Xistral

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Salón de Plenos acolle mañá, mércores, ás oito, a presentación do número VIII da Revista Lucense de Creación Poética Xistral.

Este novo número conxuga novamente traballos de autores noveles e tamén doutros consolidados no panorama literario galego como neste número Xesús Rábade Paredes.

A revista foi creada no ano 1949 por Manuel María e dela só sairon dous números. Por iniciativa do Concello recuperouse a cabeceira desta publicación anual no ano 2000 para continuar de xeito ininterrompido. É habitual neste tempo a presencia de distintos autores galegos, aínda que a presencia é máis notoria por parte dos lucenses.

A presentación, na que se repartirán números de xeito gratuíto, estará da Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e de responsables da publicación.

Noticias relacionadas