Preséntase a 45 edición da Semana de Cine de Lugo, coa que colabora a área de Cultura

Maite Ferreiro presentou no día de hoxe o programa que se desenvolverá do 18 ao 23 de setembro

Ferreiro destacou o papel do grupo Fonmiñá “na promoción e difusión do cine entre a veciñanza de Lugo”

Venres, 08 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Preséntase a 45 edición da Semana de Cine de Lugo, coa que colabora a área de Cultura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, a 45 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 18 e o 23 de setembro de 2022. No acto estiveron tamén presentes Manuel Curiel, director da Semana de Cine, representantes da Xunta de Galiza e da USC, e integrantes do Comité Organizador da Semana.

"Debemos apoiar dende as institucións a nosa cultura propia, neste caso a produción de cine en galego", dixo Maite Ferreiro, que engadiu "as experiencias que temos dinnos que temos contadoras e contadores de historias moi boas, que fan obras fermosas e interesantes, que redundan na defensa e promoción da nosa lingua e da nosa cultura, que é o faro que nunca debemos perder de vista".

Ferreiro destacou o traballo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, “que leva 45 anos dando visibilidade ao cine entre a veciñanza de Lugo”, e engadiu “a Semana de Cine de Lugo é unha das actividades máis relevantes do calendario cultural da cidade”.

Audio

 

Multimedia

  • Preséntase a 45 edición da Semana de Cine de Lugo, coa que colabora a área de Cultura

Noticias relacionadas