Presentouse no Vello Cárcere o libro Antonio Fraguas Fraguas, epistolario, recensións bibliográficas e apéndices. Etapa de Lugo (1950-1959)

Trátase do segundo tomo editado pola área de Cultura polo día das Letras Galegas de 2019, escrito por Adolfo de Abel Vilela

Maite Ferreiro: “é unha homenaxe aos anos que o autor estivo en Lugo”

Martes, 25 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentouse no Vello Cárcere o libro Antonio Fraguas Fraguas, epistolario, recensións bibliográficas e apéndices. Etapa de Lugo (1950-1959)

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou xunto co historiador Adolfo de Abel Vilela, o libro Antonio Fraguas Fraguas, epistolario, recensións bibliográficas e apéndices. Etapa de Lugo (1950-1959), segundo tomo do texto editado pola área de Cultura polo día das Letras Galegas do 2019. Maite Ferreiro afirmou que “continuamos coa homenaxe do Concello de Lugo a Antón Fraguas, cunha segunda parte da obra que analiza os anos que o autor pasou en Lugo”.

“A meticulosidade coa que Adolfo de Abel Vilela fixo o traballo permitiunos repartir a obra en dous tomos, do que até o de agora só se publicara o primeiro, adicado á vida profesional e intelectual de Fraguas na ciade”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “no segundo tomo recollemos unha selección das cartas máis interesantes que recibiu de moitas figuras da cultura e do galeguismo, xunto coas recensións dos libros e artigos que publicou nesta etapa, e algunha das conferencias que pronunciou”.

“Este volume é tan importante ou incluso máis que o primeiro, xa que nos permitirá coñecer algúns aspectos da cidade nos anos 50 da man de Antonio Fraguas, ademais da situación na época, a través da súa correspondencia con persoas que foron represaladas polo réxime franquista”, afirmou Maite Ferreiro.

Multimedia

  • Presentouse no Vello Cárcere o libro Antonio Fraguas Fraguas, epistolario, recensións bibliográficas e apéndices. Etapa de Lugo (1950-1959)

Noticias relacionadas